Temor ao descoñecido


A maioria dos temores baseanse no descoñecemento. Moitos son os que temen á escuridade, ás casas nas que xa non vive ninguén, a lugares coma cemiterios, aos insectos, a un esquelete que porta unha gadaña, a pensar mais aló das fronteiras da nosa atmósfera... Cecais a mellor forma de perder un temor é facerlle fronte. Persoalmente sei que é dificil, o meu temor cara aos arácnidos transpasaba a barreira da lóxica, ata que este belo exemplar de Grammostola Rosea de unhos doce centímetros chamado Sombra se cruzou na miña vida. Agora compartimos longas tardes de observación mutua. Eu axudeille a escapar das pésimas condicións nas que a tiñan e ela axudoume a perder un temor, creo que tampouco é tan mal trato. O certo é que en realidade non é ela, é el...
Por outra banda hai cousas ás que si se lle deberia ter medo, e moito. Á soidade, a repetir os erros do pasado, a pasar pola vida como alma en pena que non deixa rastro, a esquecer quen somos e de onde vimos...

1 comentarios:

Anónimo dijo...

hola. no hablo muy bien en español pero me voy a tentar. hay comprado una grammostola rosea e una brachypelma vagans para perder todo el miedo que tengo com las arañas. no lo se pero estoy verificando que estoy con menos miedo. vamos a ver!