Teño unha pregunta



Pois eso, gustariame formular unha pregunta ao universo cibernético. Se te pasas por aquí e queres contestarme non te imaxinas o que cho agradeceria.

A miña pregunta é: ¿coñeces algunha maneira de vencer á violencia que non sexa o diálogo?

Dende o meu punto de vista NON, e se somos capaces de plantexarnos outra forma de solucionar as diferencias que non pase polo diálogo, pola unión, por ser capaces de perder,un pouco, para gañar, un moito, creo que se pasa iso estamos errando, e de que maneira... Esta claro que para curar unha ferida debemos tocala, e eso escoce, pero é preferible pasar unha pouca dor agora, se é a última(mellor a derradeira) que imos pasar.

Durante as manifestacións en Madrid contra a última guerra promovida por USA Saramago pronunciou unhas palabras que me fixeron pensar: "En estes momentos existen dos superpotencias, una es Estados Unidos y otra eres tú..." Con ese "tú" refírese á opinión pública, ao pobo que sae ás rúas para pedir o que é xusto: paz, libertade... Porque non agora? porque non deixar por un momento a un lado as nosas diferenzas? Sería por un ben superior...

1 comentarios:

Miguel Caramés dijo...

Só con que a metade da xente pensase a metade do que ti pensas neste post o noso pais estaria moito mellor. gostei da comparación coa ferida. Saudos,