DeBo eStAr fAcEnDoMe mAiOr...


Hoxe revisei a estantería dos cd´s, e dinme conta que me debo de estar a facer vello!!

Quero escoitar tocar outra vez aos Heredeiros da Crus, non quero que me coman os vermes sen antes gozar outra vez con esas melodías en directo, como se escoita o bo Rock!!! Toñito, Fran, Javi, Tuchiño, xa sei que esto é soñar, pero se me escoitades, por favor, regresade ás verbenas veraniegas! Hoxe hai moitos grupos que vos imitan, pero polo de agora ningún grupo puido alcanzar esa calidade musical e de letras!! Lograstes demostrar que a música en galego non só sona ben senón que pode facer saltar a toda unha xeración!!

Cancións coma "O meu home é mariñeiro" "De Jalisia ao estranxeiro" baladas adicadas a un pobo que mira ao mar, son capaces inda hoxe de poñerme os pelos de punta. E que me din do que sen dúbida é o seu mellor Lp: " All right Chicago" un doble directo que reflexa a forza da súa música en vivo e que foi gravado nunha xira que pasou polo xa extinto Cruceiro Rock en Vila de Cruces

Ti que me les, se che gustan os Heredeiros dimo, xuntámonos dous ou tres e creamos unha plataforma polo regreso destas Vellas Jlorias, todos sabemos que os Rokeiros nunca morren

3 comentarios:

Mercedes Seixo dijo...

Eu quero un fillo con pelos no peito...que teña a piroola de medio metrooo....!!!ERAN A HOSTIA!Agora o Javi Maneiro ten un grupo son os Jabon Blue,están moi ben eu teño o disco se che mola pasocho. Q foi dese cruceiro rock??non recordo se era antes da piedade ou polo capón?aquelo estaría moi ben recuperalo...penso q por ali tamen pasaro os killer barbies?non me lembro moi ben...
Os herdeiros marcaron época sen dúbida...

NinGhEn dijo...

Boas Mercedes, o cruceiro era o venres da Piedade, por el pasaron bastantes grupos: Sober, O Caimán do Rio Tea, Killer Barbies, Graham Foster ( guitarrista de Bob Dylan), Elephant Band, Kambotes, e moitos máis que non recordo... Penso que o único problema para que desaparecera foi económico!
Sobre Jabon Blue... non sei... non é o mesmo (a min gustame)! Javi cedeu ás presións das discográficas e púxose a cantar en castelán, "porque el gallego no vende" como di nunha canción!! Toñito tamén montou unha banda, A Banda de Poi, se non o escoitaches pásocho, a min gústame, pero non é o mesmo...
Certamente para min si que marcaron unha época!!
Un saúdo

Anónimo dijo...

eran a ostia. se fora muller estaria namorado de todos. eu non puden velos en directo mais ainda que estiveron no meu pobo (vilagarcía). oxala voltasen. votanse demenos.