Presentación!


Boas amig@s!

Hoxe querovos presentar ao meu novo compañeiro de fatigas. Tratase dun Mac Book Pro. Estaba farto de ler por todas partes que windows non estaba ao nivel de Apple en canto á fabricación de sistemas operativos, polo que quixen comprovalo por min mesmo, e os aforriños que xuntei este verán traballando coma un condenado permitironmo.
O certo é que Mac OSx ( que así se chama o sistema operativo de Apple) é impresionante, esta cheo de detalles que cando os descubres provocan unha certa emoción, e non esquezamos que non existen polo de agora virus que ataquen ás mazás.
Normalmente o maior problema que se nos plantexa é afacernos a un novo SO, quixera dicir ao respecto que o período de adaptación no meu caso durou o tempo que me levou atopar onde estaba o botón de encendido (ao redor de 10 segundos) Outra das pegas que se lle poñen é a incompativilidade con algún dos programas que estamos afeitos a empregar, a cerca disto debo dicirvos que se ben moitos programas non teñen versión para OSx, case seguro que existen outras alternativas iguales ou mellores no mundo Mac, solo é cuestión de saber onde buscar.

6 comentarios:

Checha dijo...

Que cabrón!!!!!!!
Xa me contarás a ver que tal vai o Leopard...candiós...eu no Tiger guiabame ben...a ver se pa este nadal cae un Pro...jjejee!
Ah, non é Mac Ox, e MacOSX (Operative System + Dez, ainda que pensaba que co Leopard xa sería Mac OSXI..non sei

NinGhEn dijo...

O Leopard vai de vicio, pero tampouco é un cambio incrible comparado co Tiger, que para ser da época do XP é unha pasada...Eu tiven a sorte de poder empregar os dous, xa que me traia o Tiger e a posivilidade de actualizar a Leopard.

Pois tes razón é MacOSX: Tiger é MacOS 10.4 e Leopard é o MacOS 10.5


Un saúdo

Meris dijo...

Noraboa, fixeches unha moi boa adquisición, aida q supoño q xa o sabrias...

Anónimo dijo...

Meris, noraboa ti polo blogue!! Entrei hoxe por primeira vez e moloume!! (con que se fale de carretillas xa todo me parece máis bonito...jeje)

Por certo, segundo as miñas elucubracións fuches compañeira de traballo do meu compañeiro de piso (David Fraiz) non é?

Un saúdo!!

Petra dijo...

Eu tamén quero un deses que meu ordenador é unha pataca, e ese chisme fai cousas moi chulas! Comprobeino! jejej.
Un saúdiño!

Alfredo Blanco dijo...

Terás que bautizalo non?? Búscalle un bo padriño (un primo neste caso) que pague o marisco!
P.D.: Por se acaso que sepas que eu non teño un can..