SoloEstou. Pensando....




Que pensaran os moradores do universo cando nos ven dende tan lonxe? Creeran quizais que somos seres intelixentes?(Mentira cochina que diría un neno) Somos uns bastardos que non facemos máis que darlle golpes ao que debería ser máis apreciado: á vida, á nosa integridade, á nosa terra, á xente que nos rodea... Preocupándonos polas tonterias máis insignificantes mentres a uns cantos quilómetros, metros ( se cadra na porta do lado) hai alguén que necesita axuda. Moitas veces basta con estar, con facer vulto, outras con dicir o que se pensa ou o que parece máis difícil nos tempos que corren: escoitar ao próximo e tentar meterse na súa pel para comprender, que non compartir, a súa forma de pensar, actuar...

Somos uns seres completamente cheos de imperfeccións que valoramos máis o que pensen os veciños de nos que ser realmente como somos.

Fai Mil AnOs NoN Te VeXo...


Boas a todos!!

Buf, xa case nin lembraredes quen son. Eu, nalgún tempo escribía aquí. Certo é que xa case fai mil días que non nos vemos... As cousas mudaron dende aquela, pero en esencia todo segue igual. As ganas de contarvos historias continúan presentes, ao igual que a vergoña ou o non saber que dicir... Non entendo moi ben o porque, pero invadiume a nostalxia, e recordei o namorado que cheguei a estar deste recuncho, que si, que xa sei, que solo o leo eu.. e que máis da!



Prometo actualizar!!!

Os RocKeiRoS NoN MoRReN

Esta noite recibin unha nova que fixo que saltase da cama e o viñese a compartir coas poucas almas que visitan este recuncho.
O rock neste estado vive, soportando o envite de OT´s e cancións do verán, confirmando que vale moito máis o traballo diario e constante de unhos rapaces que o tempo fixo que se convertesen en adultos que a fama momentanea que che pode dar sair na caixa tonta. hoxe é un gran día confirmase o que xa escoitara da boca do baixista e do bateria deste grupo: Extremoduro saca novo disco ( La ley innata), seis anos despois e cando máis de un os facía por mortos... Non falo máis, afinen os oídos e a disfrutar!!

O tema titúlase "Dulce introducción al Caos"


SeTe aNoS....

En CoStA...!!!!!


Hai días nos que non é doado atopar motivación. Cando tras eses días veñen outros e outros e outros iguais todo se torna gris escuridade, pero sempre se intúe unha raioliña de luz no fondo do túnel. Grazas a tódolos que estivestes ahí.

Ata oS PoLoS!!!!



Pois fíxome gracia este video. Creo que a estas alturas deberiamos deixar de lado as palabrerias e actuar dunha vez

www.hastalospolos.org

A mÁquiNa dO TeMpO



Polo visto dentro de pouco será posible viaxar no tempo. Poden comezar a preparar o equipaxe e pensar a que época desexan viaxar. O único problema é que polo de agora este método solo vale para átomos, polo que se vostede non é un átomo pode deixar de ler.

No acelerador de partículas de Ginebra (Beefeater con limón) creen ser capaces de facer un burato de Verme, (perdonen pola traducción) non teño nin idea do que é iso, pero seica permitiría aos átomos viaxar no tempo, en concreto ao pasado. O proceso consta de tres pasos:

1º- un minúsculo Burato de Verme sería creado no acelerador de partículas que posúe o CERN de Suiza.

2º- este minúsculo burato podría ser conservado e aumentado neste estado a través da todavía non desenrolada materia exótica, como a antigravidade.

3º- unha boca do burato faríase xirar no acelerador de partículas ata aproximarse á velocidade da luz durante unha década. Desta forma, estableceríase una diferencia de dilatación do tempo entre as dúas aperturas do burato. Ao xuntar as dúas aperturas do burato, teríamos unha máquina para viaxar ao pasado.

Máis Información

Yes, We Can



Pois estoulle a coller gusto a esto de poñer vídeos. Supoño que todos veríades este, botárono ben veces na caixa tonta estes días. O certo é que non sei que tal será o Obama este, pero o que si é que da uns discursos moi traballados, ogallá todo o que di non quede en palla como pasa unha e outra vez.
Para min Estados Unidos é un país de contrastes, son capaces do mellor e por desgraza do peor. En certa maneira é un país que admiro, pero tamén temo e odio. Admiroos por ser o centro da tecnoloxía e a ciencia, niso están anos luz do resto do planeta. Pero como potencia teñen unha xigantesca responsabilidade, e se todo ese poder se emplease de maneira positiva o mundo seria un lugar mellor, pero é precisamente no que erran. Guerras, golpes de estado en terceiros países, torturas nas súas cadeas, venta de armas en estados belixerantes... En certo modo son eles o que sementan odio por onde pasan
No discurso chega a dicir: "...pioneros que empujaban hacia el oeste contra una naturaleza que no perdonaba..." Recordemos que quen non perdoaba eran os nativos que foron desprazados pola forza das súas terras para ser acenados en reservas coma animais enxaulados. Un país capáz do mellor e do peor