A minha primeira mensaxe

Este é o meu primeiro blog. Quixera nel falar de cousas que lle iteresen a alguén, non creo que o consiga, pero se cadra intentalo dalle importancia ao asunto. Escriboo tras darlle moitas voltas na cabeza a unha frase que escoitei por algures: "os Blogs son coma meter unha mensaxe dentro dunha botella, tirala ao mar inmenso e esperar a que chege a algures, que alguén a lea..." Namoreime desta forma de expresar a súa utilidade. Non vos quero enganar, penseino moito antes de empezar a escribir, e chegei á conclusión de que non vos podo ofrecer case nada, pero por intentalo...
O dito, entrade, pillade unha cervexa do frigo,sentadevos e falade sen medo veña ao tema ou non...

0 comentarios: