"Pero se por aqui se vai a Touro"

A fin de semana pasada, na véspera dos exames, decidín levar a cabo unha actividade, que se cando nunca a practicara semellábame atractiva, unha vez practicada encántame. Pasei de saír un sábado para facer sendeirismo. Foi como unha desintoxicación.
Indo cara Touro, ao pasar o taller de Varela chegamos a un lugar que se chama Ponte Basebe, xusto despois da ponte, á man esquerda, comeza a ruta da que falo. Chámase, creo recordar, Ruta da Ribeira do Ulla. Son case quince quilómetros nos que os únicos vestixios de progreso son o sinfín de muiños, a maior parte deles xa en ruinas, que invaden o río e os numerosísimos regatos que nel conflúen. A verdade é que percorrer esa distancia entre carballos, saltando regatos, penetrando entre os toxos como se de unha selva se tratase fíxome recordar a miña infancia.
Durante o percorrido atopámonos sitios fermosísimos, como a Fervenza do Inferniño, á cal pertence a fotografía que estades a ver; O Pozo da Pomba, que é coma unha curva de cento-oitenta graos que describe o curso do río; e un sinfín de lugares, que non por carecer de nome son menos fermosos.
Anímovos a que recorrades esta ruta, se queredes fágovos de guía, non me importaría repetir, é máis encantaríame.

2 comentarios:

Mercedes Seixo dijo...

POis si que debe ser bonita esa ruta, eu tamén fixen unha vez unha ruta de senderismo pola zona das cataratas de merza, non me acordo moi ben pero quedaronme ganas de repetir, a foto é preciosa, noraboa polo blog!

Anónimo dijo...

Moita xente descoñece que hai máis alá da súa horta. Eu tiven que irme fora da minha terra para chegar a coñecela de verdade, cada vran sempre visito lugares que me deixan alucinado.
Saúde e terra.