Novo Proxecto


Boas amigos!!

Esta semana metinme nun novo proxecto acompañado de Carlos Quitas, o meu compañeiro de piso e gran amigo. Chegamos á conclusión de que os músicos do país as pasan canutas para darse a coñecer xa que non existe unha plataforma galega que permita unificar forzas a prol da difusión musical! Mentres a maioria das radios convencionais repiten na súa programación unha e mil veces as mesmas cancións dos mesmos artistas as bandas de nova creación teñen que facer quilómetros e quilómetros para que o seu nome sone!
Da mesma maneira estamos fartos tamén de tanta OT, reguetón, e música sen sentimento, polo que nos centramos no noso ben querido Rock and Roll!!
Ahí é onde nace Son da Rede. O invento consta de dous aparatos, un blog e un podcast. No blogue comentaremos grupos que nos cautiven e no podcast falaremos dos concertos que consideremos interesantes así coma entrevistas e cancións de algunha banda! Para os que non saibades o que é un podcast é algo así coma un programa de radio que podedes descargar no voso Pc e escoitar!
Nos próximos días publicaremos unha entrevista que lle fixemos a Blasted Mechanism, unha coñecida banda portuguesa así como moitas outras novidades!
Espero que vos guste a idea, e non deixedes de pasarvos! Se queredes que falemos de algún grupo que vos mola ou mesmo formades parte de un, non dubidedes en escribirnos a info@sondarede.com !!!

Un saúdo!!!

2 comentarios:

Alfredo Blanco dijo...

En tempos pasados Sondarede era un "novo proxecto", a día de hoxe é unha realidade peeeeero... un pouco parado está o tema non? hai que animarse a seguir adiante co tema!

NinGhEn dijo...

Claro que si. Estamos a ultimar as novidades para comezar en serio nas próximas datas!!

De todas maneiras grazas polo interese!!