Terra


De súpeto o mundo deixou de xirar, polo menos no sentido ao que el xa se afixera! A terra parou en seco, e tras varios titubeos decidiu mudar de dirección. Agora nos ollos da xente solo recoñece envexa, nos seus sorrisos falsedade e nos dialogos mentiras pintadas de cores. Solo queda tomar unha decisión: baixarse en marcha ou dar a volta e mirar para outro lugar. Ao principio foi coma o penedo que ve o paso das estacións sen a penas inmutarse, inmóbil, testigo do paso de tempo, pero non actor da súa película
Os primeiros meses será difícil, asemella a fin, pero suponse que as augas regresaran ao seu cauce. Agora o que máis desexa é encher as súas horas de actividades intrascendentais, todo con tal de non caer na peor das enfermidades: o abandono propio.
As cousas son de outra maneira, os erros propios desfixeron o máis desexado, o que tantos anos costou acadar, e outra vez a empezar de cero...

0 comentarios: