Érasa unha vez...


Érase unha vez un castelo sito no alto dunha lomba, nel viviran grandes reis coma Alfonso X "El Sabio" e fora testemuña do paso dos tempos dende o s.XII no que fora mandado construir... Pero os anos non pasan en balde, nin tan sequera para os edificios máis resistentes, aqueles que sirven para a defensa militar. A comezos do s XX veuse no abandono. As xentes do lugar decidiron que estaban fartos de ver como o que debería ser o emblema do seu pobo, Maceda, e de toda Galicia, descansaba na ruina, polo que nos anos noventa o concello adquiriuno. Decidiron que a mellor maneira de que a xente o vise era facendo un Hotel-Monumento, e así se fixo. o concello decidiu que non era capáz de xestionalo, polo que se decidiu que fose un particular o que o rexenta.

Por outra banda érase unha vez un home con un soño. Un home con amistades nas "altas esferas" que se relacionaba co entorno político-caciquil dunha provincia do rural galego. O soño deste home, o Sr. Palomanes, era vivir nun castelo como aqueles reis e nobres da Idade Media.

No momento no que estas historias se xuntan, nace outra menos bonita. A historia dun pobo que ve como un particular que prometera explotar o castelo, permitindo o acceso a el dos visitantes e dos veciños, que recordemos que son os posuidores, agora emprega o castelo como a súa mansión. Non importaban as datas do ano, sempre que alguén chamaba para reservar unha habitación, o hotel estaba aos topes; sempre que alguén pretendia dar unha comida no castelo, este tiña os seus restaurantes ocupados, o mesmo pasaba coa xente que o pretendia visitar, sempre chegaba cando o horario de visitas rematara... O certo é que os veciños estaban algo mosqueados, porque nunca habia movemento, pero sempre estaba ocupado...

Afortunadamente os tempos cambiaron e agora o pobo si ten dereito a esixir o que lles pertence. Tras o cambio de alcalde da vila, o concello decidiu retirarlle a concesión a este "cabaleiro" por motivos máis que aparentes. O pasado luns 15 de outubro ás dez da mañá presentaronse nas portas do castelo o secretario do concello, o alcalde, así coma a policía local para dar fé do inventario de bens e proceder á entrega de chaves. A resposta do virtual posuidor do castelo foi que non lles ia abrir a porta. Este feito obrigou ás forzas da lei a facer garda diante da porta do castelo á espera de recibir ordes do xuíz para entrar pola forza, pero claro, como xa non vivimos unha época de basalos e señores, o Sr. Palomanes tivo que saír para ir ao curro coma o resto de mortales, sen se decatar de que cando tentase volver a entrar a Policía local non llo permitiría, polo que deixou dentro encerrada á súa pobre nai.

Nestes intres continua o encerro da señora, mentes o seu fillo non cede á entrega de chaves. Por outra banda Patrimonio está a tramitar o que vai ser unha multa millonaria por diferentes actuacións ilegais dentro do castelo!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Di que si!!!!!!!
Este blog estase a converter nun sitio moi bonito, de moita reflexion!!!!GUSTAME!!!
Internet para os internautas...o castela pra os macedans!!!!!
A seguir esi!!

NinGhEn dijo...

Xa sei quen vai pagar unhas cerveciñas (ben frías) o dia que os Macedanos espeten a bandeira dentro do castelo!!!

Alfredo Blanco dijo...

Mira como pasan os anos por riba das pedras e sen embargo semella que algún inda se quedou ancorado en épocas pasadas...
O patrimonio debe ser para os seus donos, aqueles que día a día coa súa vida escriben a historia da vila.