Continuación


Breogán espertou no medio da escuridade. Suado, temeroso, coma saído dun pesadelo. sentouse na cama e coa cabeza entre as mans decidiu que seria mellor ir dar unha volta para relaxarse e así se cadra durmir.
As rúas estaban húmidas e o aire frío, como cabia de esperar era a única alma vivinte co valor de percorrer as rúas da vila un xoves de madrugada, cando os micos toman o poder. A soidade e camiñar sempre lle axudaran a pensar, pero esta vez era diferente, o que ocupaba a súa cabeza non era algo ao que buscarlle solución e pista, non. Desta vez debia aprender a vivir doutra maneira, comezar unha nova vida. Elucubrou a cerca do que queria ser, so unha cousa tiña clara, queria semellarse o máis posible ao avó, este fora un home sinxelo, bo, amigo dos seus amigos e sempre disposto a axudar aos demais. A súa morte fora un duro golpe...
Tras tres pitillos decidiu regresar á casa -maña teño que ir á clase e non sei se me darei levantado-
De volta á casa atopouse co panadeiro, Breogán sempre admirara á xente que traballa de noite, tiñalle unha especie de respeto especial, seguramente solo polo feito de vivir dunha maneira semellante a el, a súa creatividade acentuabase pola noite.

0 comentarios: