Mentira


Breogán ergueuse cedo e marchou para a facultade. Alí foi o de sempre, rebumbio de xente, algunha que outra risada diante da porta cos compañeiros de clase, e de novo de volta á casa sen ter aprendido nada novo. E outra vez fin de semana. E así sempre.

Dende que non tiña con quen compartir as horas todo era diferente. Saír era beber, beber e beber ata perder a conciencia, e a partires diso... falaba coas paredes, contandolle as súas penas, aquelo que non conseguira contarlle a ninguén. Cada fin de semana era peor, a dor que sentia non se curaba con medicamentos nin con tempo, que era o que lle dician os colegas. O que mais lle costou encaixar é a traición, ninguén é perfecto, está claro, pero o que sempre debe estar por diante é o respeito polos demais, e sobre todo polos amigos. Breogán sentiase traizoado tódolos días, esperaba que a xente que o rodea abandonase o caparazón, se liberase de lastres e contase todo aquilo que se lle pasase pola cabeza, sen medo, que deixasen de dicir mentiras "Porque es lo mejor para ti", que lle dixesen: "oe rapáz eu apoiote, estou contigo, a min estes non me fan puta gracia"; ou: "Mira es un subnormal pasa de min". Non hai nada peor que darse conta de que lle estas a dar lástima aos demais, iso era o que non queria, buscaba saber quen estaba con el e que non, non é ta difícil. Quen dera ser Mr X...


Na Radio sona Platero...
"Sopla de más, viene de atrás
cada vez que no hay alpiste
se me pone a llorar..."

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Todos temos un caparazón que nos molesta e medo tamén, vivimos con el sen decatarnos.Estou segura de que Breogán atopará a luz nese pesadelo no que semella vivir, só ten que abrir os ollos...

Un saudo

NinGhEn dijo...

Ás veces precisamente abrir os ollos é o que nos cega, xa se sabe, o sol non quenta de igual modo en tódalas cabezas...

O certo é que Breogán non atopará a luz porque vive nas entrañas da terra, onde xa todo é igual!!!

Un saúdo!