Pois estoulle a coller gusto a esto de poñer vídeos. Supoño que todos veríades este, botárono ben veces na caixa tonta estes días. O certo é que non sei que tal será o Obama este, pero o que si é que da uns discursos moi traballados, ogallá todo o que di non quede en palla como pasa unha e outra vez.
Para min Estados Unidos é un país de contrastes, son capaces do mellor e por desgraza do peor. En certa maneira é un país que admiro, pero tamén temo e odio. Admiroos por ser o centro da tecnoloxía e a ciencia, niso están anos luz do resto do planeta. Pero como potencia teñen unha xigantesca responsabilidade, e se todo ese poder se emplease de maneira positiva o mundo seria un lugar mellor, pero é precisamente no que erran. Guerras, golpes de estado en terceiros países, torturas nas súas cadeas, venta de armas en estados belixerantes... En certo modo son eles o que sementan odio por onde pasan
No discurso chega a dicir: "...pioneros que empujaban hacia el oeste contra una naturaleza que no perdonaba..." Recordemos que quen non perdoaba eran os nativos que foron desprazados pola forza das súas terras para ser acenados en reservas coma animais enxaulados. Un país capáz do mellor e do peor
Yes, We Can
martes, 12 de febrero de 2008 | Publicado por NinGhEn O 2/12/2008 12:29:00 p. m.
Etiquetas: politica
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
Non creas que todos/as viron ese video, pero ti segue a culturizar. A min tamen me gostaba o Husein Obama ese, pero cando escoitei que esrtaba patrocinado polo partido, non sei non sei.
De todas maneiras saudos
Caramés
Publicar un comentario