Os RocKeiRoS NoN MoRReN

Esta noite recibin unha nova que fixo que saltase da cama e o viñese a compartir coas poucas almas que visitan este recuncho.
O rock neste estado vive, soportando o envite de OT´s e cancións do verán, confirmando que vale moito máis o traballo diario e constante de unhos rapaces que o tempo fixo que se convertesen en adultos que a fama momentanea que che pode dar sair na caixa tonta. hoxe é un gran día confirmase o que xa escoitara da boca do baixista e do bateria deste grupo: Extremoduro saca novo disco ( La ley innata), seis anos despois e cando máis de un os facía por mortos... Non falo máis, afinen os oídos e a disfrutar!!

O tema titúlase "Dulce introducción al Caos"


0 comentarios: