Bueno, por milésima vez cambiei a cabeceira do blog, pero desta vez creo que vai durar máis, esta gústame bastante como queda!! É unha foto que tirei en Lisboa, como a que poño na cabeceira deste post, de feito estan sacadas dende o mesmo mirador. Chámase o elevador de Santa Xusta e serve de transporte dende a Baixa ao barrio alto.
Lisboa é unha cidade fermosísima que agocha encantos en cada esquina, algún día haberá que volver con máis tempo para andar polas rúas e escoitar fados nunha das moitas tabernas.
Xa o dician os Siniestro: menos mal que nos queda Portugal
2 comentarios:
Xa te metín no reader meu!
A min xa me parecía Lisboa... pero este post confírmao! Lisboa é algo así como a capitál prometida, ten unha luz máxica.
Casualidades da vida, un ano atras, tal domingo coma hoxe (un domingo de reflexión post-rapa) marchaba eu cara alo!
Volver teño na lista de obrigas morais!
=)
_Laura Brey
Publicar un comentario