PO-RRÖ


Pois mira ti que fai unhos días protestaba eu nunha desas redes sociais porque apenas quedan locais ao meu arredor que poñan bo rocanrol e van e convídanme a "pinchar" a noite do Samein nunha festa PO-RRÓ no Candela, manda carallo, ben podiades vir... non digo nada!

Hanlle caer as míticas de Loquillo, Extremo, Reincidentes, Barricada e algunha dos Heredeiros non pode faltar. Ahhh!! eu desto de platos e mariconadas non controlo, así que se queredes escoitar o que vaia pinchando en tempo real entrades no Spotify e se me tedes de contacto, na lista que se chame Kandela rock ou algo así estarán os temas que vaia poñendo!

Saúde e Viño!

0 comentarios: