A erótica do Anti-poder


Asemella que nos tempos que corren tendemos sempre a desenrolar unha forma de pensar totalmente enfrontada coa que cabería esperar que fose a aceptada polo sector representado no poder. Os rapaces que nacen nunha situación acaban plantexandose porque non a contraria, isto tradúcese en que esa xente, que seguramente non teña o suficiente vagaxe reflexivo como para obter unhas opinións propias, se agoche tras a especie de aurea revolucionada que asemella rodear a aqueles que representan o anti-poder. Non fai falta ser moi intelixente para decatarse. Poida que nesa viaxe se atopen con quen valore as súas opinións, pero as máis das veces serán utilizados ata ese punto no que xa non quede máis zume por exprimir. A miudo nese trjín ideolóxico e nesa necesidade de auto reafirmar as ideas xa preconcevidas se perde o norte, porque non esquezamos que para a defensa de calquera idea, por descabellada que semelle senpre se poden atopar argumentos a priori válidos. No caso que nos ocupa sucede algo semellante: os que ostentan o poder non creen na necesidade de manter en pé un anaco da nosa historia reciente, e os que están en fronte defenden a idea contraria polo simple feito de enfrontarse aos mandatarios, nesa vatalla os "únicos" que saímos desfavorecidos somos os 6458 cidadáns do concello de Vila de Cruces, así coma o noso patrimonio histórico e cultural.



Nunha das miñas últimas saidas de fin de semana visitei Ribadeo, na plaza do concello desta fermosa vila luguesa está asentada unha edificación moi peculiar, a torre dos Moreno. Construida entre os anos 1915 e 1917 e composta por catro alturas e unhos 990m cadrados de planta. Trátase dun edificio de tipo indiano modernista deseñado por un dicípulo de Gaudí, a súa maior particularidade é que está integramente construido con formigón armado, material moi novidoso nesas datas, o que fixo que se descoñecese o mantemento que podia precisar a edificación co paso dos anos. A día de hoxe o seu estado de abandono chega ata o punto que segundo o último informe redactado por "expertos" da xunta un temblor de terra da máis baixa escala ou mesmo unha tormenta axudaria ao derrume. Esto sucede con un edificio que foi catalogado como ben de interese cultural en decembro do pasado ano.

Unha das desculpas que se puxo durante anos para o non adecentamento do edificio, é que está pegado ao Pazo de Sargadelos, e unha "tarta de bodas" como se lle chegou a chamar atendendo á súa pomposidade, non tiña lugar ao lado da simple e sobria fermosura do pazo. Solo queda sinalar o paralelismo entre ese caso e o do noso concello que non vai ter a sorte de sobrevivir a unha etapa na que se infravalora atendendo únicamente ao aspecto arquitectónico, pero deixando de lado o caracter afectivo ou emotivo que pode agochar unha edificación que foi, cadea ao mesmo tempo que parbulario e casa dos cruceños durante décadas. Este post ao igual que os anteriores perderase na inmensidade do mar que agocha unha botella con mensaxe, a lástima é que seguramente cando consigar chegar ata este punto da lectura, o edificio ao que fai mención este xa derruido, transformado polo avance do tempo nuha nova promesa electoral. Outra rotonda de dez millóns de Pesetas (si, deses que ao cidadán de a pé tanto lles costa sachar). Na miña curta capacidade reflexiva non son capáz de atopar un solo argumento que me leve a pensar porque se debería derrubar existindo unha colectividade que se manifesta a favor do seu adecentamento e que se compromete a xestionalo e enchelo de contidos como casa do cidadán.

O fío que se agocha é moito máis profundo que a perdida dun edificio que pode ser valorado ou odiado para unhos poucos. Trata este conto sobre a apatía dun pobo que non se quere nin a si mesmo, e que non se decata que o abandono solo conduce á desaparición, da permisividade, da vagancia, de ese tipo que xa perdeu o valor ata de mirarse aos espellos, da sensacion de non pertencer a unha colectividade, da satisfaccion que sinte a nosa conciencia ao decatarse que un problema é responsabilidade allea, do non querer escribir historia, por esto os pais mandan aos rapaces á escola para que os eduquen alí, porque non teñen o valor de recoñecerlles que estivo na súa man facer algo, pero non se fixo nada. Deberíamos pensar no mundo que queremos que se atopen os nosos netos ou reflexionar a cerca da desaparición inminente do lugar onde nos criamos.

0 comentarios: