Piri piri pipí
A min... Que chamei
Ás portas do inferno
A min... Que camiñei
Pola corredoira escura
A min... Que falei
Coas pantasmas mais macabras
A min, que arrepio
A cada hora
A cada intento
Dame inverno
Dame o teu vento ferido
Dame inferno
Dame o o teu lume prendido
Dame ascuas
Que quezan on meus pecados
E dame neve para o meu corazón xeado
...
E xa sei o que andas a buscar
Mais aló da estratosfera
Pero canto mais me achego
Esa luz mais se alonxa
Ruxe-Ruxe
A min..
sábado, 19 de noviembre de 2011 | Publicado por NinGhEn O 11/19/2011 03:58:00 a. m. 2 comentarios
Etiquetas: Reflexións
A erótica do Anti-poder
Asemella que nos tempos que corren tendemos sempre a desenrolar unha forma de pensar totalmente enfrontada coa que cabería esperar que fose a aceptada polo sector representado no poder. Os rapaces que nacen nunha situación acaban plantexandose porque non a contraria, isto tradúcese en que esa xente, que seguramente non teña o suficiente vagaxe reflexivo como para obter unhas opinións propias, se agoche tras a especie de aurea revolucionada que asemella rodear a aqueles que representan o anti-poder. Non fai falta ser moi intelixente para decatarse. Poida que nesa viaxe se atopen con quen valore as súas opinións, pero as máis das veces serán utilizados ata ese punto no que xa non quede máis zume por exprimir. A miudo nese trjín ideolóxico e nesa necesidade de auto reafirmar as ideas xa preconcevidas se perde o norte, porque non esquezamos que para a defensa de calquera idea, por descabellada que semelle senpre se poden atopar argumentos a priori válidos. No caso que nos ocupa sucede algo semellante: os que ostentan o poder non creen na necesidade de manter en pé un anaco da nosa historia reciente, e os que están en fronte defenden a idea contraria polo simple feito de enfrontarse aos mandatarios, nesa vatalla os "únicos" que saímos desfavorecidos somos os 6458 cidadáns do concello de Vila de Cruces, así coma o noso patrimonio histórico e cultural.
martes, 5 de abril de 2011 | Publicado por NinGhEn O 4/05/2011 12:28:00 a. m. 0 comentarios
Etiquetas: cruces, Miolos de Fume, politica, reflexions, vila de cruces
Catalogación de carretillas
sábado, 2 de abril de 2011 | Publicado por NinGhEn O 4/02/2011 09:05:00 p. m. 0 comentarios
Etiquetas: carretillas, Miolos de Fume, VI rali de carretillas
StarTrails
De sobra é sabido que o universo está en continuo mobemento. Debido á rotacion da terra as estrelas non se atopan fixas nun punto do firmamento, xogando con este factor nace unha técnica fotográfica coñecida como "StarTrails" ( Rastro das Estrelas). Consiste en capturar o rastro que describen. Este rastro ten forma de círculo deixando no punto central a estrela Polar.
lunes, 24 de enero de 2011 | Publicado por NinGhEn O 1/24/2011 12:17:00 p. m. 0 comentarios
Etiquetas: ciencia, fotografía, fotografía nocturna, Paisaxes, Startrails, Tecnoloxía
HdR
viernes, 12 de noviembre de 2010 | Publicado por NinGhEn O 11/12/2010 11:12:00 a. m. 0 comentarios
Etiquetas: fotografía, HdR, natureza, Paisaxes, Tecnoloxía
A vaca polo que vale
Para ler este post en total amplitude, é imprescindible acompañalo deste sonido infernal.
jueves, 21 de octubre de 2010 | Publicado por NinGhEn O 10/21/2010 02:03:00 a. m. 0 comentarios
Etiquetas: extremoduro, música, platero, rocanrol
PO-RRÖ
Pois mira ti que fai unhos días protestaba eu nunha desas redes sociais porque apenas quedan locais ao meu arredor que poñan bo rocanrol e van e convídanme a "pinchar" a noite do Samein nunha festa PO-RRÓ no Candela, manda carallo, ben podiades vir... non digo nada!
sábado, 16 de octubre de 2010 | Publicado por NinGhEn O 10/16/2010 04:07:00 a. m. 0 comentarios
Etiquetas: música, reflexions
Desta volta toleamos
miércoles, 22 de septiembre de 2010 | Publicado por NinGhEn O 9/22/2010 09:29:00 p. m. 3 comentarios
Etiquetas: reflexions, toleadas
Elementos básicos dunha cámara
Como o prometido é débeda e dixen que ia ir esquematizano o pouco que vaia aprendendo de fotografía haberá que facelo. E o mellor será empezar polo principio
Cando comenzamos a interesarnos no mundo da fotografía o primeiro que debemos ter claro son as partes que compoñen a nosa máquina e o seu funcionamento (persoalmente non son capaz de utilizar algo que non comprendo). Basearémonos nunha cámara reflex tipo, xa que reflex ou non o funcionamento é case o mesmo.
jueves, 19 de agosto de 2010 | Publicado por NinGhEn O 8/19/2010 12:25:00 p. m. 0 comentarios
Etiquetas: fotografía, Tecnoloxía
Unhas cantas fotiñas
Pois o dito, onte decidin ordenar un pouco a biblioteca do Lightroom e de paso subin unhas poucas fotos á miña conta de flickr
miércoles, 18 de agosto de 2010 | Publicado por NinGhEn O 8/18/2010 04:49:00 p. m. 2 comentarios
Etiquetas: fotografía
Cabeceira
Bueno, por milésima vez cambiei a cabeceira do blog, pero desta vez creo que vai durar máis, esta gústame bastante como queda!! É unha foto que tirei en Lisboa, como a que poño na cabeceira deste post, de feito estan sacadas dende o mesmo mirador. Chámase o elevador de Santa Xusta e serve de transporte dende a Baixa ao barrio alto.
sábado, 27 de marzo de 2010 | Publicado por NinGhEn O 3/27/2010 07:24:00 p. m. 2 comentarios
Etiquetas: fotografía, reflexions
Re- Empezamos!
Pois desta vez pegoume forte co tema da fotografía. Merquei unha Nikon D90 e teño pensado apuntarme a unha escola on-line. O tema é que vou ir publicando neste blog as poucas cousas que vaia aprendendo, desa maneira axudarame a esquematizar e se cadra a algún lector lle pode interesar. Mantereivos informados!!
lunes, 22 de marzo de 2010 | Publicado por NinGhEn O 3/22/2010 11:45:00 a. m. 0 comentarios
Etiquetas: fotografía
SoloEstou. Pensando....
Que pensaran os moradores do universo cando nos ven dende tan lonxe? Creeran quizais que somos seres intelixentes?(Mentira cochina que diría un neno) Somos uns bastardos que non facemos máis que darlle golpes ao que debería ser máis apreciado: á vida, á nosa integridade, á nosa terra, á xente que nos rodea... Preocupándonos polas tonterias máis insignificantes mentres a uns cantos quilómetros, metros ( se cadra na porta do lado) hai alguén que necesita axuda. Moitas veces basta con estar, con facer vulto, outras con dicir o que se pensa ou o que parece máis difícil nos tempos que corren: escoitar ao próximo e tentar meterse na súa pel para comprender, que non compartir, a súa forma de pensar, actuar...
Somos uns seres completamente cheos de imperfeccións que valoramos máis o que pensen os veciños de nos que ser realmente como somos.
jueves, 6 de noviembre de 2008 | Publicado por NinGhEn O 11/06/2008 02:56:00 p. m. 0 comentarios
Etiquetas: reflexions
Fai Mil AnOs NoN Te VeXo...
Boas a todos!!
Buf, xa case nin lembraredes quen son. Eu, nalgún tempo escribía aquí. Certo é que xa case fai mil días que non nos vemos... As cousas mudaron dende aquela, pero en esencia todo segue igual. As ganas de contarvos historias continúan presentes, ao igual que a vergoña ou o non saber que dicir... Non entendo moi ben o porque, pero invadiume a nostalxia, e recordei o namorado que cheguei a estar deste recuncho, que si, que xa sei, que solo o leo eu.. e que máis da!
Prometo actualizar!!!
miércoles, 5 de noviembre de 2008 | Publicado por NinGhEn O 11/05/2008 06:45:00 p. m. 0 comentarios
Etiquetas: reflexions
Os RocKeiRoS NoN MoRReN
Esta noite recibin unha nova que fixo que saltase da cama e o viñese a compartir coas poucas almas que visitan este recuncho.
O rock neste estado vive, soportando o envite de OT´s e cancións do verán, confirmando que vale moito máis o traballo diario e constante de unhos rapaces que o tempo fixo que se convertesen en adultos que a fama momentanea que che pode dar sair na caixa tonta. hoxe é un gran día confirmase o que xa escoitara da boca do baixista e do bateria deste grupo: Extremoduro saca novo disco ( La ley innata), seis anos despois e cando máis de un os facía por mortos... Non falo máis, afinen os oídos e a disfrutar!!
O tema titúlase "Dulce introducción al Caos"
lunes, 28 de abril de 2008 | Publicado por NinGhEn O 4/28/2008 01:28:00 a. m. 0 comentarios
Etiquetas: música
SeTe aNoS....
martes, 4 de marzo de 2008 | Publicado por NinGhEn O 3/04/2008 01:57:00 p. m. 0 comentarios
En CoStA...!!!!!
Hai días nos que non é doado atopar motivación. Cando tras eses días veñen outros e outros e outros iguais todo se torna gris escuridade, pero sempre se intúe unha raioliña de luz no fondo do túnel. Grazas a tódolos que estivestes ahí.
jueves, 21 de febrero de 2008 | Publicado por NinGhEn O 2/21/2008 04:31:00 p. m. 6 comentarios
Etiquetas: reflexions
Ata oS PoLoS!!!!
Pois fíxome gracia este video. Creo que a estas alturas deberiamos deixar de lado as palabrerias e actuar dunha vez
www.hastalospolos.org
viernes, 15 de febrero de 2008 | Publicado por NinGhEn O 2/15/2008 01:55:00 a. m. 0 comentarios
Etiquetas: natureza
A mÁquiNa dO TeMpO
Polo visto dentro de pouco será posible viaxar no tempo. Poden comezar a preparar o equipaxe e pensar a que época desexan viaxar. O único problema é que polo de agora este método solo vale para átomos, polo que se vostede non é un átomo pode deixar de ler.
No acelerador de partículas de Ginebra (Beefeater con limón) creen ser capaces de facer un burato de Verme, (perdonen pola traducción) non teño nin idea do que é iso, pero seica permitiría aos átomos viaxar no tempo, en concreto ao pasado. O proceso consta de tres pasos:
1º- un minúsculo Burato de Verme sería creado no acelerador de partículas que posúe o CERN de Suiza.
2º- este minúsculo burato podría ser conservado e aumentado neste estado a través da todavía non desenrolada materia exótica, como a antigravidade.
3º- unha boca do burato faríase xirar no acelerador de partículas ata aproximarse á velocidade da luz durante unha década. Desta forma, estableceríase una diferencia de dilatación do tempo entre as dúas aperturas do burato. Ao xuntar as dúas aperturas do burato, teríamos unha máquina para viaxar ao pasado.
Máis Información
jueves, 14 de febrero de 2008 | Publicado por NinGhEn O 2/14/2008 05:30:00 p. m. 0 comentarios
Etiquetas: ciencia
Yes, We Can
Pois estoulle a coller gusto a esto de poñer vídeos. Supoño que todos veríades este, botárono ben veces na caixa tonta estes días. O certo é que non sei que tal será o Obama este, pero o que si é que da uns discursos moi traballados, ogallá todo o que di non quede en palla como pasa unha e outra vez.
Para min Estados Unidos é un país de contrastes, son capaces do mellor e por desgraza do peor. En certa maneira é un país que admiro, pero tamén temo e odio. Admiroos por ser o centro da tecnoloxía e a ciencia, niso están anos luz do resto do planeta. Pero como potencia teñen unha xigantesca responsabilidade, e se todo ese poder se emplease de maneira positiva o mundo seria un lugar mellor, pero é precisamente no que erran. Guerras, golpes de estado en terceiros países, torturas nas súas cadeas, venta de armas en estados belixerantes... En certo modo son eles o que sementan odio por onde pasan
No discurso chega a dicir: "...pioneros que empujaban hacia el oeste contra una naturaleza que no perdonaba..." Recordemos que quen non perdoaba eran os nativos que foron desprazados pola forza das súas terras para ser acenados en reservas coma animais enxaulados. Un país capáz do mellor e do peor
martes, 12 de febrero de 2008 | Publicado por NinGhEn O 2/12/2008 12:29:00 p. m. 1 comentarios
Etiquetas: politica